kórē*
kórē*
f
[ARTE]
Estatua feminina grega (κόρη), de mármore pintado ou bronce, característica da época arcaica (ss VII-VI a C). Preséntase como escultura illada ou como soporte dun obxecto ornamental. Tiña carácter relixioso, funerario ou votivo e represéntase vestida e peiteada con trenzas.