Korngold, Erich Wolfgang

Korngold, Erich Wolfgang

(Brno 1897 - Hollywood 1957) Compositor e director de orquestra. Neno prodixio, á idade de once anos compuxo o ballet Der Schneemann, ao que seguiron as óperas Der Ring des Polykrates (1916), Violanta (1916) e Die tote Stadt (1920). Dirixiu a orquestra do teatro de Hamburgo (1921-1927) e marchou a EE UU (1934), onde compuxo música para películas e gañou dous Oscar (1936 e 1938).