Kossuth, Lajos
Kossuth, Lajos
(Monok, actual Borsod-Albaúj-Zemplén 1802 - Turín 1894) Político húngaro. Foi o principal líder da revolución democrático-burguesa de 1848 en Hungría, que proclamou a independencia e o nomeou gobernador presidente. Trala vitoria das tropas austro-rusas, exiliouse en Turquía e despois en Inglaterra e Italia.