Kozincov, Grigorij
Kozincov, Grigorij
(Kiev 1905 - Moscova 1973) Director cinematográfico soviético. Coa aparición do cine sonoro pasou do cine experimental e vangardista de Novyj Vavilon (Nova Babilonia, 1929) ao máis puro realismo socialista, coa triloxía sobre a vida do obreiro Máximo, Junost’ Maksima (A xuventude de Máximo, 1935), Vozvrascenie Maksima (O retorno de Máximo, 1937) e Vyborgskaja storono (O barrio de Vyborg’, 1939). Tamén realizou Don Kikhot (Don Quixote, 1956) e Hamlet (1964).