Kretschmer, Ernst

Kretschmer, Ernst

(Heilbronn, Baden-Württemberg 1888 - 1964) Psiquiatra alemán. Foi un dos primeiros en sinalar cientificamente a relación entre o tipo corporal, o temperamento das persoas e algunhas características das súas enfermidades psíquicas. A súa clasificación biotipolóxica (leptosomáticos, pícnicos e atléticos) foi acollida con interese en todo o mundo. Entre as súas obras destacan Körperbau und Charakter (Constitución e carácter, 1921), Medizinische Psychologie (Psicoloxía médica, 1922) e Geniale Menschen (Homes xeniais, 1929).

Palabras veciñas

kremlin | Kremlin, O | Kremnitz, Georg | Kretschmer, Ernst | Kreutzwald, Friedrich Reinhold | krill* | Krim, Belkacem