Krims, Les
Krims, Les
(Brooklyn, Nova York 1943) Fotógrafo. Formouse na The Cooper Union e no Pratt Institute of Art. A súa obra caracterízase por un conxunto de imaxes surrealistas cargadas de ironía e crítica dirixida á sociedade norteamericana. Expuxo, entre outros museos, no Documenta 6 (1977) e na III e IV Fotobienal de Vigo (1988 e 1990). Publicou os álbums The Little People of America (1972) e Making Chicken Soup (1972).