Ku Klux Klan
Sociedade secreta racista estadounidense. Fundada en 1866 en Tennessee, serviu como instrumento dos terratenentes demócratas do sur para facer fronte aos republicanos radicais e recuperar unha gran parte do programa escravista e antinórdico da Confederación. Tivo un segundo período desde 1915, no que ampliou as súas actividades de persecución a xudeos, católicos, estranxeiros e grupos que consideraban subversivos para os valores morais de EE UU. En 1928 o Tribunal Supremo prohibiu a irmandade en virtude da lei que impedía a formación de sociedades secretas, pero continuaron a súa actividade, aumentando novamente os seus membros trala promulgación da Lei de Dereitos Civís de 1964, que daba un paso adiante na política de integración da poboación negra. Durante as décadas seguintes mantivo un certo activismo dentro da extrema dereita estadounidense.