Kundt, tubo de
Kundt, tubo de
[FÍS]
Aparato para medir a velocidade de propagación do son nun gas. Consiste nun tubo de vidro cheo de gas que contén un po moi lixeiro. Ao provocar no tubo unha onda sonora estacionaria, o po amontóase nos lugares correspondentes aos nós, a medida da distancia entre estes permite determinar a velocidade buscada.