Kurosawa, Akira

Kurosawa, Akira

(Toquio 1910 - 1998) Guionista e director cine. Foi un excelente director de actores e posuía un profundo coñecemento da linguaxe cinematográfica. En 1951 foi premiado no festival de Venecia por Rashō-mon, e en 1954 e 1965 por Shichinin no samurai (Os sete samurais) e Akahige, respectivamente. Outros filmes importantes seus son Donzoko (Os baixos fondos, 1958), Dersu Uzala (1975), Ran (1984), Dreams (1990) ou Rapsodie August (1991). En 1990 recibiu un Oscar honorífico polo conxunto da súa obra.

Palabras veciñas

Kurnool | Kuro-Shivo, corrente de | kuros | Kurosawa, Akira | Kurrol, sal de | Kursk | Kursk