Kuznets, Simon
Kuznets, Simon
(Kharkiv 1901 - Cambridge, Massachusetts 1985) Economista ucraíno. Foi autor de Economic Growth of Nations: Total Output and Prodution Struture (1971) e Population Capital and Growth (1974). Recibiu o Premio Nobel de Economía en 1971 pola súa interpretación do crecemento económico que permitiu desenvolver novos puntos de vista sobre a estrutura social e económica do mundo.