kwakiutl*
kwakiutl*
-
adx
Relativo ou pertencente aos kwakiutl.
-
s
[ETN]
Individuo da tribo dos kwakiutl.
-
s
m pl
[ETN]
Conxunto de tribos indíxenas de América do Norte, pertencente ao pobo dos wakash, que habitaba nas costas da illa de Vancouver e nalgunhas illas do arquipélago da Raíña Carlota, na costa do Pacífico. Tradicionalmente dedicábanse á pesca e á explotación dos bosques. A categoría de cada unha das tribos determinábase en función de privilexios ceremoniais. O trazo máis destacado da súa vida social era a preocupación obsesiva polo rango e os privilexios, e a competitividade dos intercambios tradicionais. No s XVIII entraron en contacto cos europeos e desde a segunda metade do s XIX viviron un período de decadencia.