aclamación

aclamación

(< latacclamatĭōne)

  1. s f

    Acción de aclamar.

    Ex: Non quedou no posto a pesar da aclamación xeral. 

  2. s f

    Berro de entusiasmo dun grupo de persoas.

    Ex: Dende o interior da casa escoitaba a aclamación dos seus siareiros. 

  3. s f [DER]

    Método de elección no que, sen mediar votación, se aproba unha cousa ou se elixe unha persoa a través de manifestacións ruidosas de asentimento, como por exemplo, berros e aplausos.

    Ex: Coa aclamación popular acadou o posto de alcalde nas últimas eleccións 

  4. s f [MÚS/RELIX]

    Fórmula breve cantada ao unísono por un grupo numeroso de persoas; especialmente as respostas dos fieis ás accións litúrxicas.

Frases feitas

  • Por aclamación. Chegar a un consenso sen recorrer a unha votación. Ex: Non houbo ningún tipo de discusión porque saíu presidente da asociación por aclamación dos veciños.