ademán

ademán

(< lat ad ‘a’ + de + manu‘man’ ?)

  1. s m

    Sinal realizado coas mans ou con calquera parte do corpo co que se intenta chamar a atención sobre alguén ou manifestar algo.

    Ex: Antón fixo o ademán de saudarnos. 

    Confrontacións: aceno, xesto.
  2. s m

    Modos que caracterizan a unha persoa.

    Ex: Ten uns ademáns que me lembran moito a min cando era cativa.

Palabras veciñas

Adelung, Johann Cristoph | ademais | ademais | ademán | Ademar | Ademar | Ademar