alén

alén

(< lat ad illinc ‘de alí’)

  1. adv

    Da outra banda, da banda de alá.

    Ex: Estaba situado alén de nós, na outra banda do río. 

    Antónimos: aquén, aquén.
  2. s m

    O mundo que, supostamente, existe máis alá da morte.

    Ex: O culto ó alén está estendéndose por moitos países africanos. Algunhas persoas non cren no alén. 

  3. Ultramar.

Frases feitas

  • alén de loc prep Máis alá dun momento no tempo ou dun lugar. SIN: despois de. Ex: Alén dese día, non poderemos asistir maís ás clases preparatorias. / Ademais de. Ex: Alén das informacións que nos pasaron, debes ler o informe redactado por min.