altura
(< alto)
-
s
f
Dimensión dunha cousa en sentido vertical.
Ex: O carballo ten catro metros de altura. O Everest é o monte de maior altura do mundo.
Sinónimos: altitude, estatura. -
s
f
Distancia vertical dun punto á superficie da terra ou a calquera outro termo de comparación ou punto de referencia.
Ex: Voar a grande altura. Subir ata unha altura de tres mil metros.
-
s
f
Lugar elevado ou prominencia do terreo situado sobre a superficie da terra.
Ex: Botaron a á delta dende aquela altura.
-
s
f
Nivel ou modo de comportamento.
Ex: Estar á altura das circunstancias. A que altura da ciencia nos atopamos?
-
s
f
Nome simbólico co que designamos o ceo.
Ex: Deus está nas alturas.
-
[ASTRON]
-
s
f
Arco da vertical dun astro medido dende o horizonte ao astro; mídese de cero a 90°; é positiva se o astro está por riba do horizonte, é dicir, se é visible, e negativa se está por baixo do horizonte. No primeiro caso contarase cara ao cénit, e no outro cara ao nadir.
-
altura antemeridiana
Altura dun astro antes de pasar polo meridiano do observador.
-
altura aparente
Altura obtida ao aplicar á altura observada a corrección causada pola depresión do horizonte.
-
altura circunmeridiana
Altura dun astro que se atopa preto do meridiano do lugar, tomada nun momento no que o ángulo ao polo é inferior aos 16 minutos. Aplicándolle unha corrección pódese transformar en altura meridiana.
-
altura de culminación
Altura máxima ou mínima acadada por un astro no seu movemento diurno aparente.
-
altura do limbo inferior
Altura medida dende o horizonte ata o limbo inferior do Sol ou da Lúa sobre o horizonte.
-
altura do limbo superior
Altura medida dende o horizonte ata o limbo superior do Sol ou da Lúa sobre o horizonte.
-
altura do polo
Ángulo comprendido entre o horizonte do observador e o polo; equivale á latitude xeográfica do observador.
-
altura extrameridiana
Altura dun astro que se atopa preto do meridiano do lugar, medida nun momento no que o ángulo ao polo é superior aos 16 minutos. Aplicándolle unha corrección pódese transformar en altura meridiana. Ofrece menos garantías ca a altura circunmeridiana.
-
altura instrumental
Altura obtida con calquera instrumento que o permita e á que aínda non se lle aplicou a corrección correspondente ao erro propio do instrumento empregado.
-
altura meridiana
Altura dun astro cando atravesa o meridiano do observador.
-
altura meridiana de paso inferior
Altura dun astro que cruza o meridiano inferior do observador. Simplifica moito o cálculo da latitude. Unicamente é observable nos astros circumpolares, nos que significa a altura positiva mínima. Nos astros con arco nocturno é a altura negativa máxima en valor absoluto.
-
altura meridiana de paso superior
Altura dun astro cando pasa polo meridiano superior do observador. No momento da altura meridiana de paso superior o triángulo de posición convértese nun arco de meridiano, xa que o ángulo co polo é 0°, o que simplifica extraordinariamente o cálculo da latitude.
-
altura observada
Altura obtida despois de aplicarlle á altura instrumental a corrección debida ao erro propio do instrumento empregado.
-
altura posmeridiana
Altura dun astro despois de ter pasado polo meridiano do observador.
-
altura verdadeira
Altura obtida despois de aplicarlle á altura aparente as correccións precisas debidas á refracción astronómica, á paralaxe e, se fose preciso, as causadas polo semidiámetro.
-
s
f
-
[FÍS]
-
altura de enerxía
No estudo unidimensional do movemento de líquidos en conducións libres, elevación da liña de enerxía dun fío líquido sobre un plano horizontal de comparación.
-
altura específica
Elevación da liña de enerxía sobre a base da condución libre.
-
altura piezométrica
Suma da altura xeométrica e maila altura de presión.
-
altura de enerxía
-
[FÍS/TECNOL]
-
altura de carga
Termo que designa a enerxía hidráulica por unidade de masa acumulada nun punto dunha masa líquida, expresada coas dimensións dunha altura. Calcúlase sumando primeiramente a altura do punto considerado sobre un nivel de referencia; en segundo lugar, a altura piezométrica e, en último lugar, a altura correspondente á enerxía cinética. Nunha corrente estable de réxime permanente, a altura de carga mantense constante ao longo dun conduto, se non hai intercambio de enerxía co exterior; pero, de feito, en toda corrente existe unha inevitable disipación de enerxía, que se denomina perda de carga.
-
altura manométrica
Termo aplicado nas instalacións de bombeo de líquidos para designar a capacidade de elevación, isto é, o aumento de enerxía comunicado ao líquido polo aparello elevador, por oposición ao termo de altura xeométrica (ou estática), que designa simplemente a distancia vertical entre dous niveis. É igual á suma da altura xeométrica e ás perdas de carga que se producen entre os dous puntos considerados, cando se establece a corrente. Pódese determinar experimentalmente calculando a diferencia entre as alturas de carga medidas en dous puntos próximos ao aparello de bombeo (bomba, ariete hidráulico e outros elementos), unha corrente arriba e a outra corrente abaixo. Distínguense, nunha instalación de bombeo, a altura de aspiración entre o nivel do depósito inferior e o centro da bomba, a altura de impulsión entre o centro da bomba e o nivel do depósito superior (ou o da boca de saída, se esta finaliza ao aire libre) e a altura total ou altura de elevación, suma das alturas de aspiración e de impulsión. A altura que se cita sen lle engadir cualificativos é a altura manométrica total.
-
altura de carga
-
s
f
[LING/FILOL]
Grao de elevación na frecuencia vibratoria das cordas vocais en relación co ton, a sucesión do que, no conxunto de cada emisión fónica, determina a curva melódica. En determinadas linguas, chamadas isotonais (coma o chinés), presenta unha capacidade distintiva referida á sílaba.
-
[MAR]
-
altura do observador
Elevación do ollo do observador por riba da superficie do mar. Depende da depresión do horizonte e, polo tanto, débese aplicar unha corrección á altura observada para poder obter a altura aparente.
-
altura estimada
Altura obtida mediante fórmulas trigonométricas segundo a latitude e a lonxitude da estima.
-
altura metacéntrica
Nun navío, a distancia do metacentro ao centro de gravidade.
-
alturas correspondentes
Alturas de igual valor tomadas dun mesmo astro antes e despois de ter pasado este polo meridiano do observador. Antes da aparición dos sinais horarios radiotelegráficos eran empregadas polos navegantes para calcular a exactitude do cronómetro. Poden ser usadas para calcular a hora de paso dun astro polo meridiano.
-
alturas iguais
Alturas tomadas de dúas estrelas diferentes, pero que teñen a mesma altura, nun intervalo de tempo moi pequeno. En épocas anteriores eran empregadas polos navegantes para calcular o estado absoluto do cronómetro.
-
bisectriz de altura
Bisectriz do ángulo formado por dúas rectas da altura e do ángulo que forman as direccións dos acimuts dos astros que determinaron as rectas de altura. Ten a propiedade de representar a liña de posición do observador corrixida dos erros sistemáticos (debidos ao observador, ao sextante, ou a valores incorrectos ou anormais da depresión do horizonte) que puidesen ter afectado ás rectas de altura.
-
círculos de alturas iguais
Lugar xeométrico dos puntos da Terra nos que, nun mesmo instante, se viu un astro a unha mesma altura. Ao representalo na esfera terrestre obtense unha circunferencia menor que ten por centro a proxección xeométrica do astro (é dicir, o polo de iluminación ou punto astral) e por radio a distancia cenital. A latitude e a lonxitude do centro serán iguais, respectivamente, á declinación e ao horario de Greenwich do astro.
-
curva de altura
Figura obtida ao representar nunha carta Mercator o círculo de alturas iguais.
-
diferencia de alturas
Diferencia entre a altura verdadeira e a altura estimada.
-
navegación de altura
Navegación que se efectúa perdendo a costa de vista.
-
tomar altura
Calcular a altura dun astro cun sextante.
-
recta de altura
Recta que representa o arco de loxodromía que substitúe, cun erro inapreciable, a un pequeno arco do círculo de alturas iguais, nas proximidades da situación de estima dunha embarcación. Se se calculan dúas rectas de altura que se correspondan con dous astros distintos, obtense, por métodos astronómicos, a posición real do navío, que será o punto sobre o que se crucen ambas rectas.
-
secante de altura
Recta da altura secante ao círculo de alturas iguais. É menos usada cá tanxente de altura debido a que é moito máis difícil o seu cálculo ( Sumner).
-
serie de alturas
Conxunto de alturas tomadas dun mesmo astro nun pequeno lapso de tempo. Son usadas para evitar os erros accidentais que puidesen influír na altura observada; para iso tómase a media aritmética de todas as alturas e fanse corresponder co instante medio das observacións.
-
tanxente de altura
Recta de altura tanxente ao círculo de alturas iguais. A súa dirección é sempre perpendicular ao acimut do astro ( recta de altura).
-
altura do observador
-
s
f
[MAT]
-
Segmento de recta, ou tamén a súa lonxitude, nas figuras e nos corpos xeométricos comprendido entre dous dos seus elementos (un vértice e un lado no triángulo, dous lados no paralelogramo) e perpendicular cando menos a un destes, chamado base, ou ben a unha recta ou a un plano que os determine.
-
Dimensión dunha figura plana representada por unha liña que desde o seu punto máis alto baixa perpendicular á base.
-
-
s
f
[MÚS]
Calidade do son que vén determinada pola frecuencia das súas vibracións. Canto máis elevada é a frecuencia, máis alto se di que é o son. A altura dende o punto de vista do número de vibracións é denominada absoluta, e a considerada tendo en conta determinados intervalos dentro dunha escala de tons denomínase relativa.
-
[XEOG]
-
s
f
Distancia vertical dun punto a un plano horizontal de referencia.
-
s
f
Altura determinada mediante os instrumentos de nivelación. Cando se trata de montañas medias ou altas emprégase con preferencia o barómetro.
-
altura angular
Ángulo que forman as visuais dirixidas ao pé e á cima, ou a calquera outro punto, dun obxecto.
-
altura barométrica
Altura determinada mediante o uso dun altímetro barométrico.
-
altura do aparato
Distancia vertical do centro do aparato ao terreo.
-
altura relativa
Altura a partir dun plano de comparación arbitrario, polo feito de considerarse este máis axeitado ca o establecido como referencia.
-
s
f
-
[METROL]
Altura da columna de mercurio sostida pola presión atmosférica, xeralmente expresada en milímetros.
-
[XEOG]
Diferencia entre o nivel da preamar e o da baixamar. É constante para un determinado punto da costa. As dos portos máis importantes áchanse anotadas no anuario de mareas para o servizo dos navegantes.
-
[METEOR]
Altura da atmosfera homoxénea, parámetro empregado no estudo da atmosfera superior.
-
[METEOR]
Estado morboso provocado pola diminución da presión atmosférica a medida que aumenta a altura; polo que tamén se coñece co nome de mal da montaña. Caraterízase pola presenza de vertixe, cefalalxia, somnolencia e dispnea.
Frases feitas
-
A estas alturas. Neste tempo, xa é tarde. Ex: A estas alturas de curso xa non poderás recuperar esas materias./Con eses anos. Ex: A estas alturas segue sen tomarse o traballo en serio.
-
. Estar á altura de. Ser ou conducirse todo o ben que corresponde. Ex: Non sabe asumir responsabilidades. Non está á altura das circunstancias.
-
Á altura de. No mesmo paralelo. Ex: Deben estar á altura das illas Cíes
-
Quedar á altura do betume. Quedar mal. Ex: Dixen tantas parvadas que quedei á altura do betume.