Amparo
Amparo
[ONOM]
Antropónimo feminino procedente do latín vulgar *anteparāre ‘previr, amparar’; xa que logo, Amparo significa ‘abeiro, defensa, protección’. É o nome dunha advocación mariana: a Nosa Señora dos Desamparados. A súa festividade celébrase o 9 de setembro na Peroxa e o 30 de outubro en Pontevedra.