anterior

anterior

(< lat anteriōre)

  1. adx

    Que está antes no tempo e na orde.

    Ex: Isto que escribín é anterior ó que se publicara no xornal. 

    Sinónimos: precedente. Antónimos: posterior.
  2. adx

    Que está na parte de diante.

    Ex: Teño maniotas na parte anterior do brazo. 

    Antónimos: posterior.
  3. [LING]
    1. fonema anterior

      Fonema que se articula na parte anterior da boca, ben por un formante bucal inferior á farinxe, ben por unha interrupción que ten lugar nas cavidades supraglóticas dianteiras. Reciben tamén, ás veces, o nome de fonema agudo.

    2. consoantes anteriores

      Conxunto de fonemas non vocálicos e agudos, producidos por unha interrupción articulatoria do son vocálico nas zonas anteriores da boca e opostas ás consoantes posteriores ou graves. No galego distinguimos, entre outras, as seguintes consoantes anteriores ou palatais: /p /, /b/, /t/, /d/, etc.

    3. vocais anteriores

      Conxunto de fonemas vocálicos agudos con articulación na zona prepalatal e palatal da boca na totalidade do sistema. No galego existen os seguintes fonemas vocálicos anteriores: /i/, /e/, /