arar

arar

(< lat arare)

  1. v t

    Abrir sucos na terra co arado.

    Ex: Entrou co tractor na leira para arar na terra toda a tarde. Para poder sementar primeiramente tes que arar a terra.

    Sinónimos: asucar, labrar, sucar. Confrontacións: decruar.
  2. v t

    Desprazarse por un fluído, cortándoo, especialmente o mar.

  3. v

    Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘escribir’. Na tradición oral recóllese a seguinte expresión: “Arar no arado non é pecado; o que no arado non arou, ese si que pecou”.

Frases feitas

  • Arar no mar. Realizar unha acción inútil. Ex: Estivo arando no mar en troques de estudiar. É como arar no mar, non poderemos convencelo endexamais.

  • Non arar cos bois de alguén. Desagradar alguén.

  • Saber con qué bois se ara/gando ara un. Coñecer con qué clase de xente se trata.

  • Saber de qué man ara ese boi. Coñecer ben a alguén.

  • Ser coma arar no barbeito. Ser fácil de facer.

Conxugar
VERBO arar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
aro
aras
ara
aramos
arades
aran
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
araba
arabas
araba
arabamos
arabades
araban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arei
araches
arou
aramos
arastes
araron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arara
araras
arara
araramos
ararades
araran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
ararei
ararás
arará
araremos
araredes
ararán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
araría
ararías
araría
arariamos
arariades
ararían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
are
ares
are
aremos
aredes
aren
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arase
arases
arase
arasemos
arasedes
arasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arar
arares
arar
ararmos
arardes
araren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
ara
-
-
arade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
arar
arares
arar
ararmos
arardes
araren
Xerundio arando
Participio arado
arada
arados
aradas