cero

cero

(< lat tardío zephyrum< ár ṣifr ‘baleiro, cero’)

1. [MAT]
1. s m

Número que designa o punto inicial ou orixe.

2. cero dunha función

alor da variable independente para o que se anula a función; deste xeito, 2 é un cero da función y=x 2 -4.

3. s m

Cifra que representa a ausencia de unidades. O cero é o elemento neutro na suma de números enteiros, xa que a + 0 = a, para todo a. As regras alxebraicas do cero son:
a + 0 = a
a · 0 = a
0/a = 0 (se a ? 0)
0! = 1
As expresións a/0 e 0/0 son indeterminadas, xa que o cero non pode dividir nunca. O número cero e a cifra cero son creacións da cultura hindú (Āryabaṭha, Brāhmagupta, Bhāskara, etc). Converteuse en símbolo cara ao s V d C como unha simplificación da numeración posicional ao suprimirse os nomes que indicaban a potencia de dez e substituírse pola palabra sánscrita shûnya (‘baleiro’, ‘ausencia’, ‘nulo’, ‘nada’) que constituía a cerna dun sistema filosófico místico, asociado simbolicamente co firmamento e representado mediante un círculo. Este sistema incorporouse á cultura árabe e foi transmitido por estes a Europa.

2. s m

Representación gráfica dese número. OBS: Na numeración arábiga represéntase por 0 e na romana por C.

Ex: A cifra 1.000 está formada por un un e tres ceros.

3. s m

Nota máis baixa que se pode obter nunha cualificación.

Ex: Puxéronlle un cero en francés.

4. s m

Ningunha cousa. OBS: Acompaña a expresión dunha circunstancia á que precisa cuantitativamente.

Ex: Sabes algo de mar? Non, eu de mar cero.

5. [METROL]
1. s m

Punto dende o que se contan os graos ou as divisións dunha escala.

2. cero absoluto

Temperatura na que a enerxía do movemento molecular é nula. É a orixe da escala termodinámica de temperatura, chamada tamén Kelvin ou absoluta, e vale -273,15 °C.

3. cero dun aparello

Indicación que dá un aparello de medición antes de sometelo á acción da magnitude que se quere medir.

4. facer o cero dun aparello

Corrección que se fai no sistema de lectura dun aparello de medición para que a indicación, en ausencia de magnitude que medir, coincida coa orixe da escala.

6. s m [FISIOL]

Un dos grupos sanguíneos do sistema AB0 (ABcero). Os individuos deste grupo sanguíneo presentan eritrocitos sen ningún aglutinóxeno e o seu plasma contén as aglutininas anti-A e anti-B.

7. s m [LING]

Ausencia dunha característica formal ou semántica nun sistema lingüístico onde as unidades se definen unhas respecto ás outras pola presencia ou ausencia desta característica. Esta ausencia constitúe unha característica distintiva ou pertinente, e é tan significativa como a súa mesma presencia.

8. [MAR]

Orixe das medidas nas cartas mariñas que se corresponde co nivel maior de baixamar posible, de xeito que non se pode atopar en ningún lugar unha altura menor de auga ca a indicada.

Palabras veciñas

Cernuda, Luis | Cernuella | cero | cero | cero- | ceroferario -ria | cerolleiro