chamusco

chamusco

(< chamuscar)

  1. s m

    Acción e efecto de chamuscar ou chamuscarse.

    Ex: O chamusco do porco facíase botándoo sobre colmo ou sobre fentos ardendo. 

    Sinónimos: chamosco.
  2. s m

    Cheiro ou sabor característico de algo que está chamuscado.

    Ex: As papas de óleo cheiraban e sabían a chamusco porque estaban esturradas. 

    Sinónimos: chamosco.
  3. s m

    Resto de comida queimada e pegada a un recipiente.

    Ex: Gústalle aproveitar o chamusco da tarteira.

    Sinónimos: chamosco.

Frases feitas

  • Cheirar algo a chamusco. Presentir que algo malo vai ocorrer ou sospeitar que algo resulta enganoso. Ex: Xa me cheiraba a chamusco tanta amabilidade e non me enganei. Os tratos que se trae con meu pai chéiranme a chamusco.

Palabras veciñas

chamuscadura | chamuscar | chamusco | chamusco | chamuza | Chan | Chan