comparador

comparador

(< comparar)

  1. s m [TECNOL]

    Elemento dun servosistema que compara o sinal de saída co sinal de entrada e transmite a diferencia dos sinais ou sinal de erro.

  2. s m [INFORM]
    1. Dispositivo das máquinas analóxicas que compara dous sinais ou dá unha saída que depende de certa relación entre eles (por exemplo, de dúas cantidades numéricas cál é maior, igual ou menor ca a outra).

    2. En máquinas dixitais, dispositivo que compara dúas transcricións diferentes dos mesmos datos para verificar que a transcrición é correcta.

  3. s m [METROL]

    Aparato empregado para medir as diferencias entre as dimensións dunha peza e as da peza patrón. Consta, basicamente, dunha barra que se pon en contacto coa peza que se vai medir e dun sistema de reprodución do desprazamento da barra; a natureza deste sistema determina o tipo de comparador. No comparador eléctrico reprodúcese nun miliamperímetro a variación de corrente producida polo movemento da barra no interior dunhas bobinas. No comparador óptico a barra move un espello que reflicte un raio de luz que vai a unha escala graduada. O comparador mecánico amplifica o desprazamento da barra mediante un sistema de engrenaxes ou de cremalleira.

  4. [ASTRON]

    Dispositivo óptico empregado para comparar dúas fotografías dunha mesma rexión do ceo, obtidas en distintos momentos, por medio da súa presentación alterna e repetida diante do campo visual dun observador. Cando se observan dúas fotografías dunha mesma rexión do firmamento, se un dos astros fotografados cambiou de lugar durante o período que separa as dúas imaxes no tempo, vese como este astro presenta unha oscilación intermitente respecto ás outras estrelas que saen na imaxe. Estes dispositivos empréganse na busca de asteroides ou cometas que teñen un gran movemento propio; tamén na busca de estrelas novas e variables, e para distinguir a exposición dunha supernova a unha galaxia afastada.

Palabras veciñas

comparable | comparación | comparado -da | comparador | comparante a | comparante con | comparanza