derradeiro -ra

derradeiro -ra

(< lat de retro)

  1. Que ou quen nunha serie non ten nada máis detrás. OBS: Derradeiro é sinónimo de último só cando este se refire a series ou procesos completamente finalizados.

    Ex: O seu alento derradeiro acabou cunha vida chea de miseria. A última conferencia que pronunciou converteuse na derradeira despois do accidente. 

  2. adx

    Aplícase a un vehículo cando a carga que transporta está desproporcionada porque leva máis peso na parte traseira ca na dianteira.

    Ex: Cargaron o camión derradeiro e tiña dificultades en subir as costas.

Frases feitas

  • Á derradeira. Ó final. Ex: Por fin á derradeira fixémolo ben.

  • Chegarlle a alguén a súa hora derradeira. Estar morrendo.

Palabras veciñas

Déroulède, Paul | Déroute | Derqui, Santiago | derradeiro -ra | derrafar | derraigar | derrama