descosido -da

descosido -da

(< descoser)

  1. de descoser ou descoserse.

  2. adx

    Que ten as puntadas das costuras soltas.

    Ex: Non podía saír ó escenario cos botóns descosidos e houbo que llos coser. 

  3. Parte dunha peza de roupa que ten as costuras soltas. Na tradición oral recóllense ditos como: “Nunca falta un roto para un descosido. Peor é o roto ca o descosido”.

    Ex: Púxolle un remendo no descosido do pantalón.

Frases feitas

  • Coma un descosido. Con moito interese ou en gran cantidade. OBS: Frecuentemente, emprégase cos verbos falar, comer e correr para intensificar a acción indicada polo verbo. Ex: É moi lerchán, fala coma un descosido. Come coma un descosido e non hai comida que lle chegue.

Palabras veciñas

descoscar | descoser | descosido -da | descosido -da | descoutar | descravar | descrédito