desuso
desuso
(< desusar)
-
Falta de uso ou de utilización dunha cousa.
Ex: Co desuso a máquina estragouse.
-
[DER]
Falta de aplicación dunha lei, que non implica, sen embargo, a derrogación desa lei. Na actualidade a lexislación non recoñece a súa eficacia xurídica, xa que as leis só se poden derrogar con outras leis posteriores.
Frases feitas
-
En desuso. Situación á que chega unha cousa que se deixou de utilizar. Ex: Esa palabra xa caeu en desuso hai tempo.