diagonal
(< lat diagonāle)
-
adx
Que atravesa calquera cousa oblicuamente desde un extremo ata o outro.
Ex: Fixo un camiño diagonal desde a horta ata a casa.
-
adx
Aplícase a unha superficie que pasa por dúas arestas non adxacentes dun poliedro.
Ex: Este é o plano diagonal do vértice do cubo.
-
[MAT]
-
s
f
Segmento dunha recta que une dous vértices dun polígono ou dun poliedro que non pertencen ao mesmo lado ou á mesma cara, respectivamente.
-
s
f
Recta que corta outras paralelas pero non perpendicularmente a elas.
-
diagonal principal dunha matriz
Conxunto de elementos a ii dunha matriz cadrada A, caracterizados polo feito de ter un índice de fila igual ao de columna. A suma dos elementos da diagonal principal de A é a traza da matriz.
-
matriz diagonal
Matriz cadrada na que os elementos son todos nulos se se sacan da diagonal, é dicir, a ij =0 se i?j.
-
s
f
-
s
f
[TRANSP]
ía que corta en ángulo agudo un grupo de vías paralelas, todas enlazadas mediante os correspondentes cambios de vía.
Ex: Ildefonso Cerdá deseñou a diagonal de Barcelona como vía de comunicación principal da cidade.
-
[ARQUIT]
Nunha bóveda de crucería, nervio que a cruza diagonalmente e que pasa pola clave.
-
[MÚS]
Disposición das cordas do piano en dous planos case paralelos, de xeito que as graves pasan en diagonal sobre as medias.
Frases feitas
-
En diagonal loc adv En dirección oblicua. Ex: Atravesou o campo de fútbol en diagonal.