enriba

enriba

(< riba)

  1. adv

    Nunha situación superior desde o punto de vista do falante, tanto no interior coma no exterior do obxecto de referencia.

    Ex: Enriba, no faiado, gardo a roupa de verán. 

    Sinónimos: arriba, arriba. Antónimos: abaixo, embaixo.
  2. adv

    Nun lugar superior en relación ao exterior do obxecto de referencia , en contacto ou non con el.

    Ex: Para limpar o roupeiro quitamos as caixas que estaban enriba. OBS: Tamén se utiliza a locución enriba de co mesmo significado. Ex: Deixou os libros enriba do escritorio. 

    Antónimos: debaixo.
  3. adv

    Sobre outra cousa, como un elemento máis a engadir.

    Ex: Non veu con nós e enriba fíxonos esperar por el. OBS: Tamén se utiliza a locución enriba de co mesmo significado. Ex: Non fai nada e enriba diso non deixa traballar ós outros. 

Frases feitas

  • Andar/ Estar enriba de. Vixiar con atención e coidado a alguén ou algunha cousa. Ex: Se non estás enriba do neno non fai as tarefas.

  • Botarse enriba de. Sobrevir ou ocorrer algunha cousa de maneira súbita, antes do que se esperaba.

  • Por enriba de todo. Sobre calquera outra cousa. SIN: por riba de todo. Ex: Por enriba de todo, nós acudiremos á túa voda.

  • Por enriba. Con verbos como facer, mirar ou tratar significa realizar a acción do verbo superficialmente, sen deterse nin afondar no asunto. SIN: por riba. Ex: O mestre mirou os exercicios por enriba. Non podemos tratar iso por enriba, temos que chegar a unha solución.

Palabras veciñas

enriamento | enriar | enriba | enriba | Enriba,casa grande | Enric, Joan | Enrico, Robert