especie
(< lat specĭe)
-
s
f
Cada un dos grupos que resultan de repartir os elementos dun conxunto reunindo aqueles que teñen características comúns.
-
[BIOL]
-
s
f
Unidade taxonómica (taxon) fundamental no estudo da diversidade dos seres vivos (sistemática) e base da súa clasificación (taxonomía). O concepto de especie é difícil de delimitar teoricamente. Cuvier definiuna como o conxunto de individuos nados os uns dos outros ou de pais comúns e que se asemellan tanto aos pais como entre eles mesmos; este concepto e outros semellantes, aínda que son útiles non acaban de ser satisfactorios, xa que non concretan o grao de disimilitude que ten que haber entre unha especie e outra. O primeiro grupo de criterios que permite incluír unha serie de individuos nunha especie é a semellanza entre o conxunto de carácteres morfolóxicos, fisiolóxicos, químicos, etc, que presentan cada un deles. Isto depende en parte do criterio do autor, sempre dentro duns límites relativamente restrinxidos. Deste xeito, Linné non atribuía moito valor ás variacións de detalle e distinguía especies de moita amplitude (linneanos); en cambio, Jordan, que estudiou mediante o cultivo as pequenas diferencias entre organismos próximos, distinguía especies de pequena amplitude (xordanóns). O estudo xenético da variabilidade e da fertilidade nas poboacións introduciu novos elementos de xuízo. O fenómeno da orixe das especies, ou especiación, base da evolución, pode ir ligado a grandes mutacións, como por exemplo por alopoliploídia ou por translocacións de cromosomas, que implican a esterilidade dos híbridos e, por tanto, a inmediata separación das poboacións; tamén pode ser debida á separación xeográfica de poboacións dunha mesma especie (alopátricas), que evolucionan separadamente, ou tamén a mecanismos máis sutís de illamento no seo de poboacións que viven xuntas (simpátricas). O criterio xenético para distinguir cando hai dúas especies diferentes ten que basearse na esterilidade entre eles ou na dos híbridos resultantes do seu cruzamento. Malia a obxectividade tan grande deste criterio, a práctica é difícil de aplicar en moitos casos (organismos sen reprodución sexual ou difíciles de cruzar baixo control). Por todo isto, na práctica a especie continúa sendo case sempre baseada na similitude morfolóxica. Unha vez delimitada, concrétase cada especie coa máxima precisión por medio dunha descrición que se publica nunha revista ou libro e que corresponde a un exemplar conservado que vai constituír o tipus; a este dáselle un nome constituído por dúas palabras latinas, segundo a nomenclatura binaria proposta por Linné e aceptada universalmente.
-
especie cultivada
exetal cun proceso de evolución no que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.
-
especie domesticada
Animal cun proceso de evolución no que influíron os seres humanos para satisfacer as súas propias necesidades.
-
especie en perigo de extinción
Especie que conta con poucos individuos ou que non se localiza en máis de 30 localidades específicas e que sofre alguns factores naturais que a fan propensa a desaparecer, como é o caso de especies con baixa taxa de natalidade ou con períodos de maduración prolongados.
-
especie endémica
Especie cun rango de distribución xeográfica reducido en comparación con especies semellantes.
-
especie introducida/exótica
Especie -allea a un determinado país ou rexión xeográfica- que no seu lugar de orixe foi silvestre ou doméstica e que na nova área mantense en estado de cativerio ou semicativerio, en estado libre ou fuxiron e retornaron á vida silvestre. Estas especies proceden de colonizacións non naturais, xeralmente por intervención voluntaria ou involuntaria do home. As especies introducidas non formaron parte dos procesos evolutivos e ecolóxicos dun bioma, rexión bioxeográfica ou país, antes da súa introdución ou establecemento.
-
especie nativa
Especie que, de xeito natural, sen intervención humana coñecida, está presente nun territorio, e forma así parte dos seus procesos ecolóxicos e evolutivos.
-
s
f
-
s
f
[FILOS]
Imaxe mental da aparencia sensible das cousas.
-
s
f
[RELIX]
Aparencia do pan e do viño na Eucaristía.
-
[XEOL]
Unidade básica da mineraloxía sistemática. En 1923, o comité da Mineralogical Society of America propuxo definila como unha substancia natural e homoxénea de orixe inorgánica que ten propiedades físicas características; a súa composición química está definida dentro duns certos límites, e ten normalmente estrutura cristalina. Parece conveniente esixir sempre a condición de que a estrutura sexa cristalina e considerar os poucos sólidos non cristalinos como excepcións.
-
[QUÍM]
Conxunto de corpos que, malia ter a mesma composición química, se diferencian entre eles polo feito de presentar isomería, asociación, etc; deste xeito, un oligómero e un polímero son dúas especies distintas.
Frases feitas
-
En especie. Que se paga con mercadorías e non con cartos. Ex: Este mes vannos pagar en especie.
-
Unha especie de. Unha cousa parecida a outra coa que se compara. Ex: Esta torta é unha especie de empanada pero doce.