feita
feita
(< lat facta)
s
f
Acción e efecto de facer algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “O que fai as feitas, fai as sospeitas. Quen fai as feitas, ten que roer as sospeitas”.
Frases feitas
-
2 A mantenta, a propósito. Ex: Foi alí á cousa feita.
-
Á cousa feita. 1 Certamente.
-
Daquela feita. Desde aquel tempo, desde aquela data.
-
Desta feita. Desta vez, desta ocasión. Ex: Desta feita quedades sen cobrar.
-
Onde vai a feita. Hai moito tempo. Ex: Onde vai feita que casaron.