2 feo -a
2 feo -a
(< lat foedu)
-
adx
-
Que resulta desagradable á vista.
Ex: Comprou unha camisa ben fea.
-
Que ou quen ten un físico, especialmente a cara, que non se axusta aos canons de beleza establecido.
Ex: Os que son feos para uns son guapos para outros.
-
-
adx
Que resulta desagradable ou reprobable moralmente.
Ex: É moi feo que dous irmáns se insulten dese xeito.
-
adx
Aplícase a algo que non inspira confianza ou que pode traer problemas.
Ex: Ante unha situación internacional tan fea os países toman posicións.
Frases feitas
-
Facer (un, o...) feo. Desaire que se lle fai a alguén. Ex: Non lle fagas o feo de non ir á festa que xa teñen todo preparado.