1 mundo
(< lat mundu)
-
s
m
Conxunto de todas as cousas e os seres que teñen existencia material, en contraposición co divino.
Confrontacións: orbe, universo. -
-
s
m
Planeta Terra.
-
s
m
Parte ou rexión da Terra.
-
vello mundo/
[XEOG/HIST]
Conxunto dos territorios coñecidos antes do descubrimento de América, formado por Europa, Asia e parte de África.
-
novo mundo/
[XEOG/HIST]
novo continente.
-
s
m
-
s
m
Calquera planeta ou corpo celeste, especialmente considerado como hábitat.
-
s
m
-
Conxunto da sociedade humana.
-
Sociedade humana considerada dentro dun tempo ou dun espazo.
-
-
s
m
-
Parte da sociedade humana caracterizada por algunha calidade común a todos os seus individuos.
-
Conxunto de cousas que teñen unha característica en común que as diferencia doutras.
-
-
s
m
Conxunto de circunstancias, actividades e relacións sociais que rodean a vida dunha persoa.
Sinónimos: universo. -
s
m
Experiencia no trato e nas relacións sociais.
-
s
m
Territorio ou ambiente afastado ou descoñecido.
-
s
m
[RELIX]
-
Aquilo que concerne aos intereses terreais en oposición ás cousas do espírito.
-
Un dos tres inimigos da alma segundo o catecismo tradicional, entendido como a representación das delicias e as vaidades terreais.
-
-
[XEOG/ECON]
-
primeiro mundo
Termo que se emprega para designar o conxunto de países de desenvolvemento económico elevado, en contraposición ao denominado terceiro mundo. Fai referencia a variables socioeconómicas como a alta renda per capita, infraestrutura sanitaria, elevado nivel de instrución, industrialización desenvolvida e dispoñibilidade de enerxía.
-
terceiro mundo
Termo que se emprega para referirse ao conxunto de países sometidos a condicións de subdesenvolvemento. Os trazos fundamentais para identificar estes son a baixa renda per capita, insuficiencia alimentaria, estado sanitario defectuoso, baixo nivel de instrución, industrialización reducida, consumo feble de enerxía mecánica, niveis de subocupación importantes e debilidade da integración nacional.
-
primeiro mundo
Frases feitas
-
Ter/De mundo. Ser moi experimentado. Ex: É unha muller de mundo que non se sorprende facilmente.
-
Un mundo de. Moitísimo, gran cantidade de algo. Ex: Ten un mundo de libros.