Ningures, Teatro de

Ningures, Teatro de

Compañía de teatro creada en 1987 en Cangas por integrantes do Grupo Mua e da sección viguesa da Escola Dramática Galega. Nunha primeira etapa realizaron os espectáculos E vostede, como se chama? (1985), sobre textos de varios autores e dirección de Manuel F. Vieites, Zeussión continua (1986), sobre un texto de Woody Allen e dirección de Manuel F. Vieites, e Ácido Sulfúrico (1987), sobre un texto de Alfonso Vallejo con dirección de Celso Parada. En 1989 produciron o seu primeiro espectáculo profesional, Ubú Rei, de A. Jarry, con dirección de Etelvino Vázquez, responsable igualmente da dirección de María Soliña (1990), de Xosé Manuel Pazos, Tic-tac (1995), de Suso de Toro, Sempre Ubú (1997), de A. Jarry, ou Fausto, de C. Marlowe (2001). Forma parte do padroado organizador da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Recibiu o Premio Xiria (1995).

Palabras veciñas

ningún, ningunha | ningunha | ningures | Ningures, Teatro de | Ningxia Hui ou Ningsia | Ninh Binh | ninhidrina