picado -da

picado -da

(< picar)

  1. p reg

    de picar ou picarse.

  2. adx

    Aplícase ao mar cando está encrespado.

  3. adx

    Que ten marcas de grans na pel a causa de varíola.

  4. adx

    Que está agre, especialmente referido ao viño.

  5. adx

    Que está cortado en anacos pequenos.

  6. adx

    Que está enfadado.

  7. s m

    Alimento triturado, sobre todo a carne con que se fan chourizos ou embutidos.

  8. s m

    Refresco que se fai mesturando zume de froitas ou café con xeo picado.

  9. s m [MÚS]

    Técnica de execución dos instrumentos de vento, que se emprega para separar notas da mesma altura nunha melodía ou distintas partes dunha composición musical ligada. Na música galega teñen unha grande importancia, xa que constitúen un dos principais recursos na dixitación da gaita. Distínguense tres tipos fundamentais de picados: o simple, que consisten nunha pequena nota de adorno que se intercala na melodía, e que se realiza fundamentalmente sobre as notas la e si; ;o dobre, que é a concatenación de dous picados simples sobre distintas notas, e que como máis habituais se realizan sobre as notas si, la e si, sol; e o triplo, que consiste nun picado dobre, dos mencionados anteriormente, acompañado dun batemento que se realiza cos dedos da man dereita. OBS: Tamén se denomina mordente e oponse ao ligado.

  10. s m [AERON]

    Descenso dunha aeronave, con ou sen motor, ou dalgunhas aves, en que a velocidade propia sobrepasa a velocidade máxima posible en voo horizontal.

  11. s m

    Termo da xerga das palilleiras que designa o debuxo do labor que se vai facer, que logo se vai picando coa picadoira, formando o esquema do encaixe que se ha de cubrir co fío mediante os alfinetes que se introducen nos furados.

Frases feitas

  • En picado. 1 loc adv Descendendo en dirección vertical cara ao chan.

  • 2 loc adv Descendendo moi rápido. Ex: O prezo das patacas baixou en picado.

Palabras veciñas

Picadillo | Picado | picado -da | picado -da | picadoira | picador -ra | picadora