teu, túa
(< lat tuu)
-
pos
Expresa posesión, propiedade ou pertenza.
Ex: O teu coche é o máis rápido de todos. Esa é a túa casa.
-
pos
Expresa aquilo ao que pertence.
Ex: Esa é a túa xente. Aquel é o teu grupo.
-
pos
Expresa relación afectiva ou familiar.
Ex: A túa irmá pequena está hoxe de aniversario. Dille ao teu pai que che axude a pintar. OBS: Tamén se emprega a expresión substantivada os teus, inmobilizada en masculino plural, co significado de ‘a túa familia’ ou ‘os máis achegados’. Ex. Os teus agardan na estación a que chegues. Ex: A túa irmá pequena está hoxe de aniversario. Dille ao teu pai que che axude a pintar.
-
pos
Expresa o que ti prefires ou o que che é propio en función dos estudos, traballo ou actividade.
Ex: O teu expediente académico é o mellor da promoción. A túa titulación permíteche optar a ese posto.
-
pos
Expresa aquilo do que te serves.
Ex: O teu tren sae ás catro.
-
pos
Expresa o lugar onde ti traballas ou estudas.
Ex: O teu traballo ofréceche moito tempo libre. A túa oficina ten vistas ao mar.
-
pos
Expresa algo que che está dedicado ou reservado.
Ex: O teu poeta é Curros Enríquez.
-
pos
Expresa o que che é habitual ou característico.
Ex: Non hai quen te quite do teu partido cada sábado.
-
pos
Expresa valor aproximativo ou ponderativo cando vai acompañando cantidades ou numerais.
Ex: Fumabas os teus doce cigarros diarios.
-
pos
Expresa afecto, cariño ou acatamento cara a alguén.
Ex: Que lle regalaches ao teu neno?
-
pos
de teu
-
Expresa a propiedade plena de maneira marcada en construcións que manifestan ese significado, acompañando a substantivos que se refiren a ‘propiedade alienable’.
Ex: Se tiveras coche de teu, non terías que andar a pedir favores.
-
Expresa que os feitos, calidades ou características que se mencionan correspóndenlle totalmente a algo ou alguén.
Ex: Se a ira que amosaches é de teu é mellor levarse ben contigo. OBS: A forma de teu con estes significados sempre se presenta inmobilizada en masculino singular. A forma teu(s) pronúnciase nalgúns lugares con [‘e] e noutros con [‘ε], sen límites dialectais precisos para unha e outra pronuncia.
-
-
pos
o teu
-
Expresa o que che é propio ou natural.
Ex: O teu non é andar de troula.
-
Expresa o que che corresponde.
Ex: Xa fixeches o teu, agora tócalle á seguinte quenda. OBS: En ocasións pode adquirir valor adverbial co significado de ‘dabondo’ ou ‘en boa cantidade’. Ex: Xa traballaches o teu cando eras novo, agora tes que descansar.
-