abafado -da
(< abafar)
-
adx
Que lle falta a respiración ou o alento.
Ex: Os atletas correron tanto que chegaron á meta abafados.
-
adx
Que está molesto ou importunado por unha situación insistente que non lle é agradable.
Ex: A súa teimosía provocaba que se sentise abafado.
Sinónimos: amolado. -
adx
Cuberto de bafo.
Ex: O espello abafado pola calor da ducha non me permite ver a miña faciana.
-
adx
Que desprende un cheiro moi pouco agradable.
Ex: O baño necesita ventilación porque está abafado e non se pode entrar nel.
-
adx
Que ten vergoña.
Ex: Non foi quen de responder as preguntas do tribunal, estaba realmente abafado.
Sinónimos: avergonzado. -
adx
Que se ve sobrepasado pola adversidade ou dificultade.
Ex: Estaba totalmente abafado pola responsabilidade do posto que desempeñaba.
-
adx
Que foi sufocado ou dominado.
Ex: O lume quedou abafado despois da intervención dos bombeiros.