Abarca, Tristán de
Abarca, Tristán de
Segundo a lenda, foi o namorado de Aldina, filla de Álvaro de Sarmiento, señor do castelo de Vilasobroso, quen non gustaba del como pretendente para a súa filla. Asasinado polo señor de Sarmiento ao pé da Pena dos Namorados de Ponteareas, a pantasma de Tristán referiu a Aldina o acontecido e o lugar onde ficara o seu cadáver, o que provocou que a moza se pechase no castelo, onde faleceu ao pouco tempo; outros aseguran que ingresou nun convento de Baiona, mentres que Álvaro de Sarmiento, acaso arrepentido, rematou os seus días como freire no mosteiro de Santa María de Oia.