Abbotsholme, escola de

Abbotsholme, escola de

Organización inglesa, fundada por Cecil Reddie en Derbyshire no 1889. Inspirada no Philanthropinum do alemán Basedow (1774), foi a primeira que se chamou escola nova. Situada no campo, tentou un equilibrio entre o traballo e o xogo, de acordo co principio do interese continuado, para fortalecer o corpo e formar o sentido da responsabilidade.

Palabras veciñas

Abbot, George | Abbot, Lyman | Abbot, papiro | Abbotsholme, escola de | Abbott, Berenice | Abbott, Bud | Abboud, Ibrahim