Abdera, escola de
Abdera, escola de
Con este termo designouse a vertente atomista dalgúns filósofos presocráticos como Leucipo (450 a C) ou Demócrito (o Abderita, 460-370 a C). Semella que tivo unha estreita relación coa escola eleata, cando menos se temos en conta que Leucipo, natural de Mileto, foi discípulo de Parménides de Elea (540-539 a C). Neste sentido, na actualidade admítese unha forte analoxía entre o concepto de átomo dos atomistas e a esfera de Parménides.