abdome

abdome

(

  1. s m [ANAT]

    Parte do corpo posterior ao tórax ou cefalotórax que teñen algúns animais de simetría bilateral. En xeral contén o aparato reprodutor, o excretor e unha gran parte do dixestivo. Nos insectos e nos arácnidos diferénciase claramente do tórax ou cefalotórax; está desprovisto de patas e nel ábrense os orificios respiratorios. Nos mamíferos está situado entre a pelve e o tórax, e sepárase deste polo diafragma.

  2. s m [ANAT]

    Parte do corpo humano comprendida entre o tórax e a pelve que, xunto co primeiro, forma o tronco. Limita co tórax por medio do diafragma e co resto polos músculos abdominais, os ósos ilíacos e a columna vertebral. Atópase tapizado interiormente polo peritoneo. Para a descrición médica de patoloxías ou disposición de órganos, foron definidas nove rexións: no terzo superior, hipocondrio esquerdo, epigastrio e hipocondrio dereito; no terzo medio, zona lumbar esquerda, mesogastrio ou zona imbilicar e zona lumbar dereita; no tercio inferior, zona inguinal ou ilíaca esquerda, hipogastrio e zona inguinal ou ilíaca dereita. No centro da cara externa da parede anterior do abdome atópase o embigo.

    Sinónimos: bandougo, barriga, panza, ventre.
  3. abdome agudo [PAT]

    Estado morboso de orixe abdominal de extrema gravidade. Ademais de dor abdominal, e en función da causa que produce o cadro, maniféstanse unha serie de síntomas concomitantes, como febre, angustia, náuseas, vómitos, hipotensión arterial e, incluso, shock, taquicardia ou bradicardia, dispnea, peche abdominal, manchas na pel, distención abdominal e outros.

Palabras veciñas

abdicador -ra | abdicar | abdicativo -va | abdome | abdominal | abdominoscopia | Abdón