Abelal
Abelal
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe portuguesa que tivo a súa casa primitiva na Torre de Castelhanos, na Terra de Barroso, preto de Chaves. As súas armas levan, en campo de ouro, tres faixas de goles cargadas con cadansúas tres estrelas de prata.