abelliñas do mel, as
abelliñas do mel, as
[XOGO]
Xogo infantil semellante ao da roda. Consiste na colocación de varios rapaces e rapazas unidos polas mans formando un círculo mentres cantan: “As abelliñas do mel, e de mel e de meluro que se volva (nome dun deles) de cu”. A persoa nomeada terá que dar as costas aos demais que seguirán cantando ata que todos eles se volvan, para logo continuar cun diálogo: “Que hai naquel tellado? Un gato esfolado. Que hai naquela artesa? Unha vella tesa. Que hai naquela escaleira? Unha vella peideira, etc. Tilín, tilín, tilín”. Á vez, uns e outros aproxímanse golpeándose no cu.