Abián

Abián
[HIST/HERÁLD]

Liñaxe de orixe portuguesa. Os troncos desta familia foron os irmáns João e Santiago Abián que loitaron ao servizo do Rei don Paio. Os seus descendentes fundaron casas en Galicia, Castela, Andalucía e, especialmente, en Aragón onde acadaron gran sona. As súas armas presentan, en campo de prata, unha torre de goles sobre ondas de mar, de azur e prata. Algunhas variantes levan, escudo cuarteado, onde o primeiro e o cuarto representan, sobre campo de prata, unha árbore de sinople mentres que o segundo e terceiro traen, en campo de ouro, cinco estrelas de goles postas en aspa.

Palabras veciñas

Abia | abiaca | Abiad, Ra’s el | Abián | Abiatar | abica | abicadar