Abilene
Abilene
Antiga rexión do Antilíbano, ao NO de Damasco, que ten por capital Abila. No ano 34 a C desmembrouse de Iturea. Ao inicio da era cristiá estaba gobernada por Lisanias. No 37 d C pasou ás mans do rei Agripa I Herodes. O Emperador romano Claudio deixoulla a Agripa II Herodes (53-100 d C). Finalmente incorporouse á provincia romana de Siria.