ab intestato
ab intestato
(< ab ‘desde’ + abl deintestatus, -us ‘intestato’)
-
loc
Aquela sucesión na que non hai testamento ou o herdeiro que nela exerce os seus dereitos.
Ex: Conseguiu herdar ab intestato.
-
xuízo de ab intestato
[DER]
Procedemento xudicial destinado a custodiar os bens de quen morreu sen deixar testamento, co fin de esclarecer quen son os seus herdeiros legais, para adxudicar os bens do defunto e administralos ata facer entrega deles aos herdeiros.