abluír
abluír
(< lat abluĕre)
-
v t
Facer puro por medio dun lavado.
Ex: O alquimista abluíu con lume aquel mineral. Xoán o Bautista abluíu a Xesús con augas do Xordán.
Sinónimos: purificar. -
v pron
Tornarse puro mediante un lavado.
Ex: Abluíuse coas areas do deserto antes de orar cara á Meca.
-
v t
[ARQUIV/QUÍM]
Facer reaparecer, mediante tratamento químico, os signos borrados pola acción do tempo ou intencionadamente, escritos sobre un papel ou pergameo.