abordaxe
abordaxe
(< fr abordage)
-
s
f
Acción e efecto de abordar.
-
s
f
[DER/MAR]
Colisión entre dous ou máis barcos. A responsabilidade dos danos e prexuízos acontecidos pola abordaxe é diferente segundo sexa fortuíta, culpable, común ou dubidosa. Por outra banda a abordaxe é un delito que pode ser de culpa cando incorre en neglixencia grave ou imprudencia; común se se realiza intencionadamente no mar; e militar cando transgrede os deberes do servizo relacionados coa navegación.
Ex: Os corsarios achegáronse ó navío inimigo para realizar a abordaxe e roubarlle as mercadorías.