aborto
(
-
s
m
Interrupción ou imposibilidade de levar a cabo unha acción ou proxecto.
-
s
m
Ser deforme con aspecto monstruoso.
-
s
m
[BIOL]
Feto parido prematuramente.
-
s
m
[MED/BIOL]
Expulsión do feto cando aínda non é viable, é dicir, aproximadamente antes das 20 a 28 semanas de xestación. Distínguese entre aborto espontáneo e aborto provocado. O aborto espontáneo pode ser aborto accidental se acontece de maneira fortuíta e illada ou aborto habitual se por causas uterinas, xerais ou hormonais sucede repetidamente. O aborto provocado (ou inducido) é o que se realiza intencionadamente por métodos medicamentosos (prostaglandinas ou a RU-486), aspiración (método de Karman) ou raspado da mucosa uterina, ou por inxección de solucións hipertónicas estériles na cavidade amniótica; o aborto realizado por un médico especializado, feito por motivos da saúde da nai, chámase aborto terapéutico. Denomínase aborto séptico especialmente a aquel que practican persoas non cualificadas e en malas condicións. O aborto tubárico consiste na ruptura espontánea do ovo aloxado na trompa de Falopio, nun embarazo ectópico. O aborto incompleto caracterízase pola retención dentro do útero de parte do produto da concepción. A normativa legal sobre o aborto inducido esténdese, nos diferentes países do mundo, dende a práctica legalización ou despenalización ata a máis absoluta prohibición. A permisión ou despenalización esixe, en moitos países, algunha das seguintes condicións: médica, ou perigo para a vida física ou psíquica da embarazada; xenética, ou sospeita fundada de malformación física ou psíquica do feto; ética, embarazo consecuencia de violación ou agresión sexual; ou social, se o embarazo provoca na nai un estado de necesidade. Na lexislación do estado español, admítense as indicacións médicas co ditame previo de dous especialistas, e a ética, se o feito foi denunciado xudicialmente con anterioridade e, en calquera caso, sempre que o aborto sexa practicado nun centro sanitario.
-
s
m
[VETER]
Expulsión do feto dun animal cando aínda non é viable. Adoita estar causado por traumas ou enfermidades infecciosas, como no caso do aborto epizoótico causado pola bacteria Brucella abortus, que afecta ás vacas.