abrillantador -ra

abrillantador -ra

(

  1. adx

    Que serve para dar lustre e brillo.

    Ex: Encarguei no economato unha baeta abrillantadora para os mobles de madeira.

  2. s m

    Substancia que se emprega para abrillantar.

    Ex: Mercou na droguería un abrillantador para os fogóns da cociña de ferro.

  3. máquina abrillantadora [TECNOL]

    Máquina utilizada para dar brillo.

    Ex: Pasaron a máquina abrillantadora polo parqué do salón.

Palabras veciñas

Abril, Victoria | abrileiro -ra | abrillantado -da | abrillantador -ra | abrillantamento | abrillantar | abrina