ab urbe condita
ab urbe condita
(< ab ‘desde’ + abl de urbs, urbis ‘cidade’ + abl de condita ‘fundada’, p p f de condo ‘construír, fundar’)
loc
[CRON]
Expresión de orixe latina que significa ‘dende a fundación da cidade’, e con ela facíase referencia á suposta data de fundación de Roma (25.12.753 a C). Era unha das maneiras empregadas polos romanos para o establecemento de datacións. Exprésase tamén coas siglas UC.