abuso

abuso

(

  1. s m

    Acción e efecto de abusar.

    Ex: O abuso da comida pode provocar dores de estómago. Aproveitarse do traballo dun neno é un abuso.

  2. s m

    O que é abusivo.

    Ex: É un abuso que moitas persoas sen facer nada cobren tantos cartos.

  3. [DER]
    1. s m

      Acción de facer uso dun poder, dunha facultade, dun dereito ou dunha situación especial, así como tamén dunha cousa ou obxecto, máis alá do que se considera lícito, ou con finalidades distintas das normais ou propias, ou mesmo a actuación desmesurada na comisión de actos ilícitos.

    2. abuso de armas

      Delito que consiste en agredir con calquera tipo de arma a unha persoa, malia que esta non resulte ferida.

    3. abuso de autoridade

      Extralimitación dunha autoridade no uso das atribucións que non se deducen das súas facultades ou poderes.

    4. abuso de confianza

      Acto ilícito cometido pola violación de deberes especiais de lealdade derivados de vínculos entre o autor e a víctima, de xeito que aquel se aproveita das facilidades que esta relación comporta. Na lexislación española constitúe unha circunstancia agravante da responsabilidade penal.

    5. abuso de dereito

      Acto ou omisión que pola intención do seu autor, o seu obxecto ou polas circunstancias nas que ten lugar, sobrepasa manifestamente os límites normais do exercicio dun dereito, con dano para un terceiro. Considérase que o exercicio dun dereito debe ser prohibido ou limitado se, sen producir ningún beneficio digno de protección xurídica a quen o exerce, prexudica a outra persoa.

    6. abuso de superioridade

      Uso de forza, de medios físicos de ataque excesivos, desproporcionados ou desiguais que debilitan a defensa da víctima. Circunstancia agravante da responsabilidade penal, que se diferenza da aleivosía polo feito de que esta non deixa ningunha posibilidade de defensa á víctima.

    1. abuso deshonesto

      Termo obsoleto na lexislación española ( agresión sexual).

    2. abuso sexual [DER]

      agresión sexual.

  4. abuso de firma/de sinatura [DER]
    1. Acción cometida por quen, estando autorizado legalmente para asinar en nome doutra persoa ou entidade, firma documentos sobrepasando as limitacións fixadas na escritura de poder ou polo acto de nomeamento.

    2. Utilización dunha firma asinada nun papel en branco e que no delito de estafa supón circunstancia agravante específica do delito.

  5. abuso de oficio eclesiástico/abuso de potestade [DER/RELIX]
    1. exación ou uso ilícito de xurisdición cometida por un superior eclesiástico en contravención dos canons.

    2. Incumprimento das obrigas de conservación, ordenación ou libramento de copias relacionadas con documentos eclesiásticos.

Refráns

  • A carga cansa; a sobrecarga mata.
  • A corda creba sempre polo máis delgado.
  • Arrieiro rabudo malla na albarda e malla no burro.
  • As veces mexan por un e hai que dicir que chove.
  • Cando o burro vén ao lugar, todos o queren montar.
  • Cando te capen, berra.
  • Carga larga, man na illarga: ao cabo do ano nin besta nin carga.
  • Da árbore caída todos fan pitelos.
  • Daca o galo, toma o galo: quedan as plumas tiradas no chao.
  • Dálle a un o pe e collerache a man.
  • Do que te ha de honrar procura non abusar.
  • Do que te has de honrar, non te has de aproveitar.
  • Mula de aluguer, se non leva dous, leva tres.
  • Na barba do parvo todos aprenden a rapar.
  • Non levarán por ben o burro á auga, se el non ten gana.
  • Non podo dar na besta e mallo na albarda.
  • Non sexa tanto tirar da corda, que rompa.
  • Ó abade e ao "xudío", dálles un ovo e pedirancho!ritido.
  • O malpocado todo se lle conta a pecado.
  • O peixe grande come o pequeno.
  • O que lle dan o pe, colle a man.
  • O que non pode mallar no burro, malla na albarda.
  • Por culpa da besta mataron o bispo.
  • Por culpa do burro zorregan na albarda.
  • Quen moito quere espremer, ás veces sae espremido.
  • Quen monta con carga, mata o burro e gasta a albarda.
  • Quen usa non abusa.
  • Ti, que non podes, lévame ao lombo.
  • ¡Deus nos deixe andar a cabalo de quen o entende!
  • ¡Pobre do pobre, que todo o mundo o moer

Palabras veciñas

abusar | Abūsīr | abusivo -va | abuso | abusón -na | abusua | abutardo