Abū Zabī
Abū Zabī
Nome científico:
[ár: Al-Imarat al-Abu Dhabi]
Emirato da Unión dos Emiratos Árabes, no golfo Pérsico (73.548 km2; 928.360 h [1995]). É o máis extenso e o máis poboado da Unión, e o que ostenta a hexemonía política. O territorio inclúe unha parte dos desertos interiores da Arabia oriental. A partir do 1960 a explotación petroleira (o 40% de toda a Unión) trocou a súa economía tradicional e transformou o Emirato. Así, dende 1971, ano da independencia, é o Emirato máis rico do estado e a súa capital, Abū Zabī (ou Abū Dhabī), que tamén o é da Unión dos Emiratos, a cidade máis próspera da Unión.